Persoal investigador do CITIC obtén 5 axudas da Xunta para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

Un total de cinco grupos con coordinadores adscritos ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), obtiveron este ano as axudas da Xunta de Galicia para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento do Sistema Universitario Galego (SUG).

A VII edición do XoveTIC celebrarase os días 17 e 18 de outubro

Xa está en marcha a sétima edición Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña (CITIC), que terá lugar os días 17 e 18 de outubro de 2024. Nestes momentos está xa aberto o prazo de recepción de abstracts e, a partir do próximo 26 de xullo, poderase comezar a formalizar a asistencia ao evento.

Cruz Roja A Coruña visita o CITIC

Esta mañá o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu a visita de representantes de Cruz Roja A Coruña para coñecer as principais liñas de investigación en materia de discapacidade e inclusión que se están levando a cabo no centro e estudar posibles vías futuras de colaboración.