Investigadores do CITIC organizaron o simposio “AI in Service of Molecular Biology: Perspectives and Challenges” no 46º Congreso da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular

No marco do 46º Congreso da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), que se celebrou na Coruña do 3 ao 6 de setembro de 2024, tivo lugar o simposio “AI in Service of Molecular Biology: Perspectives and Challenges”, organizado polos investigadores do CITIC, Carlos Fernández Lozano e Susana Ladra.

Persoal investigador do CITIC obtén 5 axudas da Xunta para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

Un total de cinco grupos con coordinadores adscritos ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), obtiveron este ano as axudas da Xunta de Galicia para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento do Sistema Universitario Galego (SUG).