O CITIC da Universidade da Coruña participa nun proxecto europeo de transformación dixital con tecnoloxías para a clasificación de residuos

O CITIC participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A. (SOGAMA), e no que tamén participa LIPOR, en materia de transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.

O CITIC da UDC analiza as tecnoloxías emerxentes en formación e práctica médica na xornada “Cara un novo CHUAC 4.0”

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicación (CITIC) da Universidade da Coruña terá un papel destacado na Xornada sobre Tecnoloxías Emerxentes en Formación e Práctica Médica que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de novembro, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O grupo liderado polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, galardoado na VII edición dos premios SpinOff PuntoGal

O grupo de investigación liderado polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia artificial (LIA2) recibiu o premio na categoría de Grupos de Investigación na VII Edición dos premios SpinOff PuntoGal.

A investigadora do CITIC da UDC Amparo Alonso ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España para liderar o debate sobre a intelixencia artificial

A investigadora do CITIC da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, acaba de ser nomeada Académica Correspondente na sección de Matemáticas da prestixiosa e centenaria Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España (RAC).

O experto en IA Paul Van Branteghem impartirá unha conferencia sobre as aplicacións de ChatGPT no ciclo HumanIA

Paul Van Branteghem, experto en Intelixencia artificial, será o relator da segunda charla do ciclo HumanIA organizado polo Consello Social da Universidade da Coruña e a Facultade de Humanidades, en colaboración co CITIC. Esta segunda cita celebrarase na Sala Cloud do centro o vindeiro xoves 9 de novembro ás 17.30.