O CITIC patrocina as II Xornadas Intelixencia Artficial. “Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade” que se celebrarán na Facultade de Dereito da UDC

Os próximos días 4 e 5 de outubro a Facultade de Dereito acollerá as II xornadas “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”, cofinanciadas polo Concello da Coruña, o CITIC, a cátedra NTTData e o Campus Innova.

Estancia no CITIC dos investigadores Elmurod Kuriyozov, Sanatbek Matlatipov e Jaloliddin Rajabov da Universidade de Uzbekistán nomeada en honra a Mirzo Ulugbek

Carlos Gómez, membro do CITIC, convidou os investigadores Elmurod Kuriyozov, Sanatbek Matlatipov e Jaloliddin Rajabov da Universidade Nacional de Uzbekistán nomeada en honra a Mirzo Ulugbek, a realizar unha estancia no centro desde o 20 de agosto ata o 15 de setembro. O obxectivo da visita é a asistencia a un seminario formativo organizado con motivo do proxecto no que están a traballar.