A investigadora Elena Hernández participa no proxecto de cooperación transnacional “AQUAPRED – Sistema de control e prevención de contaminantes en augas mineromedicinais mediante Intelixencia artificial” 

Trátase dun proxecto enfocado á monitorización e control da auga termal/mineromedicinal dos balnearios e á predición de contaminantes, baseándose na dixitalización dos datos en tempo real dos parámetros fundamentais da auga mineromedicinal e a análise continua dos devanditos datos por un sistema baseado en IA.

Ricardo Cao, investigador do CITIC, participa en Madrid na Sesión sobre Innovación Estatística no Sistema Estatístico Europeo

O investigador do CITIC Ricardo Cao participou na Sesión sobre Innovación Estatística no Sistema Estatístico Europeo, celebrada en Madrid o pasado luns 23 de outubro. Trátase do primeiro dos dous eventos organizados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) coincidindo coa Presidencia Española do Consello da Unión Europea. A sesión foi inaugurada por Elena Manzanera, a presidenta do INE.

O CITIC da UDC, peza clave na publicación do novo arquivo de datos Gaia FPR por parte de Axencia Espacial Europea

Minia Manteiga e Carlos Dafonte, os investigadores do CITIC que participan en Gaia, a misión da ESA que está a producir o mapa máis detallado da Vía Láctea, foron fundamentais na validación dos datos e nos artigos científicos que se publicarán tras a apertura do arquivo.

Estancia no CITIC dos investigadores Elmurod Kuriyozov, Sanatbek Matlatipov e Jaloliddin Rajabov da Universidade de Uzbekistán nomeada en honra a Mirzo Ulugbek

Carlos Gómez, membro do CITIC, convidou os investigadores Elmurod Kuriyozov, Sanatbek Matlatipov e Jaloliddin Rajabov da Universidade Nacional de Uzbekistán nomeada en honra a Mirzo Ulugbek, a realizar unha estancia no centro desde o 20 de agosto ata o 15 de setembro. O obxectivo da visita é a asistencia a un seminario formativo organizado con motivo do proxecto no que están a traballar.