Dous prototipos do CITIC para medir contaminación lumínica poñeránse a prueba no marco da expedición “Compromiso coa tierra” que parte hoxe a Laponia

Hoxe parte desde Mos (Pontevedra) con destino ao Lago Torneträsk de Laponia a cuarta expedición do proxecto “Compromiso coa terra”, capitaneada pola alpinista Chus Lago e que ten a finalidade de espertar a conciencia ambiental sobre o cambio climático. Durante a expedición, poñeranse a proba dous prototipos desenvolvidos no CITIC dotados de sensores de brillo de ceo nocturno.

O CITIC da UDC desenvolve escenarios personalizados de realidade virtual para mellorar o día a día das persoas con discapacidade

O uso da tecnoloxía para facilitar a inclusión das persoas con diversidade funcional. Esta é a liña do traballo principal da investigadora CITIC, Thais Pousada, que está desenvolver na actualidade o proxecto de “Contornas personalizadas de realidade virtual para a intervención con persoas con diversidade funcional”.

Intelixencia artificial verde, por un desenvolvemento tecnolóxico sostible

A investigadora do CITIC, Verónica Bolón, lidera desde a UDC o estudo sobre os denominados algoritmos verdes, no marco do recente plan nacional aprobado polo Goberno a finais do pasado ano e que desenvolverá, ata o 2025, solucións TIC aos desafíos ecolóxicos baseadas en intelixencia artificial (IA). O proxecto de investigación dá resposta ademais a un dos obxectivos da futura AESIA sobre o uso responsable co medio ambiente da IA.

O CITIC celebra a súa Asemblea Ordinaria 2023

Hoxe tivo lugar no salón de actos da Facultade de Informática da UDC a Asemblea Ordinaria do CITIC 2023, na que o director do centro, Manuel F. González Penedo, presentou a toda a comunidade CITIC os resultados e as accións realizadas na anualidade 2022 nas áreas de investigación, transferencia e innovación, formación, comunicación e RRI (Responsible Research and Innovation).

Intelixencia artificial para combater a Covid-19

O CITIC da UDC vén de presentar os resultados de dous proxectos de investigación con base na Intelixencia Artificial (IA) para loitar contra o impacto na saúde da COVID-19. Trátase do programa sobre Ciencia e enxeñaría de datos para avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade (CEDCOVID), dirixido por Ricardo Cao Abad e Manuel F. González Penedo; e do que estuda a predición da estrutura de proteínas de SARS-CoV-2 con técnicas de IA, liderado por José Santos Reyes.

O CITIC da UDC obtén 1,7 millóns de euros para proxectos de transición ecolóxica e innovación e tecnoloxías intelixentes aplicadas á oftalmoloxía

O CITIC da UDC captou fondos por valor de 1,7 millóns de euros a través de dúas convocatorias de proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital e de innovación do Plan Estatal de Investigación Científica 2021-2023. Concretamente foron dez os proxectos seleccionados, na súa maioría parte pertencentes á area de Intelixencia Artificial.

Programación matemática e realidade virtual para persoas maiores e con diversidade funcional, temas centrais da última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk

Este martes 29 de novembro o CITIC acolleu a sétima e última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk. Os protagonistas do encontro, que ten a finalidade de achegar o traballo realizado no centro nun ambiente distendido, foron Christian Álvarez Peláez e Manuel Lagos Rodríguez.