O CITIC premia a excelencia tecnolóxica na VI edición do XoveTIC
Nove das 55 investigacións presentadas no certame recibiron o recoñecemento do Comité Científico, quen destacou a calidade, excelencia e orixinalidade dos traballos presentados.
Nove das 55 investigacións presentadas no certame recibiron o recoñecemento do Comité Científico, quen destacou a calidade, excelencia e orixinalidade dos traballos presentados.
A Real Academia Galega de Ciencias concede a medalla Enrique Vidal Abascal ao investigador do CITIC Ricardo Cao, como recoñecemento ao seu labor na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. A entrega de medallas terá lugar o mércores 4 de outubro no Pazo de Fonseca, en Santiago.
A xornada celebrarase o próximo 10 de outubro no CITIC e contará coas conferencias convidadas de Fabio Manca, Coordinador Big Data, Dirección de Emprego e Asuntos Sociais da OCDE e Zeltia Lado Lago, Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Xunta de Galicia
Os próximos días 4 e 5 de outubro a Facultade de Dereito acollerá as II xornadas “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”, cofinanciadas polo Concello da Coruña, o CITIC, a cátedra NTTData e o Campus Innova.
O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia Salvador Naya reuniuse na sede do CITIC coa nova directora xeral do Quantum Center de Fujitsu, Almudena Justo.
O Consello Social da UDC e a Facultade de Humanidades organizan, en colaboración co CITIC, o ciclo de talleres formativos ‘HumanIA UDC: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial’.
O CITIC acolleu un encontro de estudo que analiza o papel e funcións das mulleres no mundo editorial galego. Nel participaron Helena Pérez, de Edicións Xerais, Ana Guerra, de Editorial Obradoiro e Mª Xesús Gómez, de Editorial Rodeira.
Os investigadores do CITIC Patricia Martín-Rodilla e Javier Parapar López participan como supervisores en varios proxectos da rede de formación doutoral HYBRIDS, que celebra o seu primeiro encontro entre o 18 e o 22 de setembro no CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela.
O CITIC acollerá o próximo 22 de setembro ás 10h o encontro investigador Elas no prelo II. Mulleres no mundo da edición na Galiza, unha cita que analiza o papel e funcións das mulleres no mundo editorial galego.
Membros da Universidade Marta Abeu de Santa Clara, en Cuba, visitaron a UDC e o CITIC co fin de estreitar lazos e buscar novas vías de colaboración. Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, e Manuel Penedo, director do CITIC, recibiron nas instalacións do centro á delegación.