Investigadores do CITIC participan no IEEE ICASSP 2021

Os investigadores do CITIC Daniel Iglesias, Joaquim de Moura, Jorge Novo e Marcos Ortega presentaron un traballo no 2021 IEEE International Conference on Acoustics, Speech and Signal Processing (IEEE ICASSP 2021), que se celebrou do 6 ao 11 de xuño de forma virtual. Trátase dun dos congresos máis relevantes a nivel internacional nos ámbitos de acústica, fala e procesado de sinais.

Investigadores do CITIC participan no IEEE ICASSP 2021

Os investigadores do CITIC Daniel Iglesias, Joaquim de Moura, Jorge Novo e Marcos Ortega presentaron un traballo no 2021 IEEE International Conference on Acoustics, Speech and Signal Processing (IEEE ICASSP 2021), que se celebrou do 6 ao 11 de xuño de forma virtual. Trátase dun dos congresos máis relevantes a nivel internacional nos ámbitos de acústica, fala e procesado de sinais.

O CITIC da UDC recibe financiamento da Xunta de Galicia para promover as súas capacidades en intelixencia artificial

O financiamento está enmarcado nunha axuda recibida pola Universidade da Coruña de máis de 4,4 millóns de euros destinada a reforzar os seus centros e unidades de I+D+i.
O CITIC poñerá en marcha un laboratorio singular centrado en intelixencia artificial e analítica de datos, que constituirá unha das infraestruturas máis relevantes en intelixencia artificial en Galicia, xunto co Centro de Procesamento de Datos (CPD) do centro.

O CITIC obtén 9 axudas de apoio á etapa predoutoral e posdoutoral concedidas pola Xunta

A Xunta de Galicia resolveu este mes de xuño as axudas de apoio á etapa de formación predoutoral e posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego. No caso das bolsas predoutorais, o CITIC obtivo 8 axudas das 15 concedidas na rama de enxeñería e arquitectura. Pola súa banda, na convocatoria de axudas posdoutorais, o CITIC conseguiu 1 das 11 outorgadas na área de enxeñería e arquitectura.

Susana Ladra participa no debate “O liderado da muller na ciencia: retos e oportunidades”

A investigadora do CITIC Susana Ladra participará no debate “O liderado da muller na ciencia: retos e oportunidades” organizado pola Fundación CYD. O debate servirá para poñer en común os avances conseguidos e os temas aínda pendentes, como son a ausencia de referentes femininos, a invisibilidade de logros, o desfasamento de xénero na pirámide académica/científica, os estereotipos nas carreiras STEM e a desigualdade de oportunidades nas disciplinas técnicas e a invisibilidade dos logros femininos.

A Fundación everis presenta a 20º edición dos premios eAwards, nos que colabora o CITIC

A Fundación everis presentou os Global eAwards 2021, a vixésima edición dos antes coñecidos como Premios everis. O CITIC colabora nestes galardóns que teñen o obxectivo de premiar proxectos emprendedores no ámbito da tecnoloxía. A través de convocatorias nacionais en España, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Holanda, Italia, Perú, Portugal e Reino Unido, estes premios buscan os mellores proxectos emprendedores baseados en tecnoloxías de alto impacto, innovadoras, escalables, sostibles, que contribúan a mellorar a calidade de vida ou solucionen problemas ambientais a través de modelos de negocio dixitais ou do uso intensivo da tecnoloxía.

Charla do investigador José A. Iglesias Guitián no programa “Das TIC ao ceo”

O investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián impartirá este xoves 6 de maio unha charla en formato online dentro do programa “Das TIC ao ceo”, impulsado polo CITIC e o Consello Social da UDC para fomentar vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes de secundaria e bacharelato. O investigador ofrecerá unha conferencia destinada a 40 alumnos e alumnas de bacharelato do IES Terra de Trasancos de Narón, que estará moderada polo subdirector do CITIC, Javier Pereira.