O programa Inspira STEAM, coordinado por Verónica Bolón do CITIC da UDC, esperta novas vocacións científicas en A Coruña

O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón do CITIC da Universidade da Coruña, celebrou este mércores 21 de xuño o peche da edición correspondente a este curso. Este programa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas, e contou este ano coa participación de catro centros: o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Sagrado Corazón Franciscanas, o Colexio Santo Domingo e o CEIP Teixeiro.

Talentos Inclusivos pecha a súa III edición cunha feira científica cos traballos desenvoltos por centros escolares da Coruña e Ourense

O programa Talentos Inclusivos celebrou este venres na Domus de A Coruña o peche da súa terceira edición, correspondente ao curso 2022-2023, cunha feira científica na que se expuxeron os proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.

O CITIC recibe unha visita escolar no marco da iniciativa da Unidade de Divulgación Científica da UDC “Atrévete a pescudar con elas!”

Hoxe os centros de investigación do Campus de Elviña CITIC, CICA e CITEEC recibiron a visita dun grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela de Padrón. A visita aos centros de investigación está enmarcada na iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!”, organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

A astronauta da ESA Sara García constata o potencial investigador do CITIC e o compromiso social del proyecto Talentos Inclusivos

A astronauta na reserva da Axencia Espacial Europea (ESA) Sara García visitou no día de onte o CITIC, onde coñeceu as súas principais investigacións, así como o programa desenvolvido con Aspace Coruña, no que participan 200 estudiantes de toda Galicia.
Xunto a Pedro Duque participou na xornada “Presente e Futuro da Industria Aeroespacial Europea: Investigación, Colaboración e Emprendemento”, organizada polo Consello Social da UDC.