Comezan as sesións de sensibilización sobre a parálise cerebral do proxecto Talentos Inclusivos

Unha vez definidos todos os equipos de traballos e os retos a desenvolver por parte dos centros educativos participantes no proxecto Talentos Inclusivos, púidose dar comezo ás sesións de sensibilización sobre a parálise cerebral dirixidas a todos os equipos de traballo participantes. Esta semana tiveron lugar as sesións co colexio Calasanz PP. Escolapios, o IES de Ortigueira e o colexio Salesianos San Juan Bosco.

Salvador Naya participa no Ciclo de Conferencias da Escola Politécnica Nacional de Ecuador

O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e presidente do Comité de Dirección do CITIC, Salvador Naya, participará o vindeiro xoves 26 de novembro de forma telemática no Ciclo de conferencias: matemática e as súas aplicacións 2020, organizado pola Escola Politécnica Nacional de Ecuador.

Nieves R. Brisaboa participa no ciclo “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa participará o próximo 17 de novembro no ciclo de coloquios “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”, que se desenvolverán de xeito online ao longo das vindeiras semanas. Esta actividade está organizada polo IGADI co apoio do Concello da Coruña.

O CITIC colabora no Welcome Tomorrow Challenge

O CITIC colabora na organización do Welcome Tomorrow Challenge xunto con Kelea e o Máster UDC en Innovación e Estratexia Dixital. Trátase dun espazo que une formación e creatividade para dar resposta aos retos das organizacións, apoiándose no talento dos alumnos do Máster UDC en Innovación e Estratexia Dixital para testear, explorar e deseñar potenciais solucións.

Investigadores do CITIC participan nos Encontros con Profesionais TIC para nenos e nenas promovido polo CPEIG

O subdirector do CITIC Javier Pereira, as investigadoras Adriana Dapena e Susana Ladra e o responsable da área de Sistemas, Alejandro Mosteiro, participan nos Encontros con Profesionais TIC promovidos polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG). Este ciclo enmárcase no Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o CPEIG para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital.