Alumnos do Grao en Enxeñería Informática coñecen os laboratorios de realidade virtual e captura de movemento do CITIC

Aproximadamente uns 70 alumnos do 4º curso do Grao en Enxeñería Informática da UDC visitaron parte das instalacións do CITIC os pasados días 17, 19 e 24 de abril.  

Os estudantes, que cursan as materias de “Contornos Inmersivos, interactivos e de entretemento” e de “Computación gráfica e visualización” puideron coñecer as posibilidades e experimentar o uso dos laboratorios de realidade virtual, realidade aumentada, sistema de captura de movemento e sistema captivo de movemento do CITIC.  

O CITIC celebra o Día Internacional das Nenas nas TIC con obradoiros de robótica

Integra a súa programación nos actos que pon en marcha o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Gafas Hololens de Realidade Aumentada, programación básica con linguaxe scratch e unha aproximación a Robobo, o robot educativo creado integramente por investigadores do Centro, son os pratos fortes do CITIC para esta cita de divulgación científica.

Nova edición dos almorzos TIC TALK cos investigadores Jorge Castiñeiras e Manuel Santamariña

Este martes, 25 de abril, tivo lugar no CITIC unha nova edición dos Almorzos TIC Talk, celebrados os últimos martes de cada mes na sala Cloud do centro.
En primeiro lugar, Jorge Castiñeiras Rella, coa súa charla “Cost-sensitive learning for financial fraud detection”, falou sobre a súa tese industrial, na que estuda técnicas cost-sensitive para obter patróns de fraude de falta de pagamentos. Pola súa banda, Manuel Santamariña Ruíz de León presentou “Mamá, son desenvolvedor!: Unha ollada rápida ao mundo do software”.

Carlos Gómez participou na mesa redonda “A intelixencia artificial como oportunidade para Galicia”, no marco do II Foro Económico Español en Galicia

O investigador do CITIC Carlos Gómez participou o pasado xoves na mesa redonda “A intelixencia artificial como oportunidade para Galicia”, no marco do II Foro Económico Español en Galicia que organizou El Español, Quincemil e Treintayseis os días 12 e 13 de abril en Palexco da Coruña.

Estudantes de toda España enfróntanse a 21 retos de ciberseguridade na segunda edición da CITIC Cyber Competition

Máis dun cento estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster de centros educativos de España, organizados en 32 equipos, participaron na tarde do mércores 29 de marzo na segunda edición da CITIC Cyber Competition, unha competición no ámbito da seguridade informática organizada polo Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo.

‘Oportunidades laborais no CERN para pre e pos graduados’, temática dunha edición especial dos Almorzos TIC Talk

Este luns, 27 de marzo, ás 10:00 horas, a sala Cloud do CITIC acolleu unha edición especial dos Almorzos TIC Talk, moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC Álvaro Leitao. Nesta ocasión contamos coa participación dun invitado de excepción, trátase de Jesús Fernández Cortés, antigo alumno da escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol que actualmente traballa na cidade suiza de Xenebra no Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).

O CITIC participa na II Feira de Orientación Académica e Profesional de Oleiros

O pasado venres, 17 de marzo, o CITIC participou na II Feira de Orientación Académica e Profesional, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración con diferentes centros educativos e que tivo lugar Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. No evento participaron máis dunha trintena de entidades coa finalidade de orientar académica e profesionalmente a alumnado dos últimos cursos de ensino secundario.

Helen Crompton fala no CITIC do papel da intelixencia artificial na educación

A profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University (ODU) de Norfolk (Virginia), impartiu recentemente unha conferencia na que analizou o papel da IA na Educación. Helen Crompton, directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab da ODU, centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual.