O investigador do CITIC Marcos Ortega recibe o Premio Nacional de Informática y Salud

O investigador do CITIC Marcos Ortega Hortas recibiu onte en Madrid o Premio Nacional de Informática y Salud da Sociedad Española de Informática de la Salud (SEIS), na sección de Esforzo institucional ou persoal de investigación ou innovación en proxectos para a utilización das TIC na saúde ou na internacionalización da actividade informática da saúde desenvolvida en España.

O investigador do CITIC, Ricardo Cao, recolle en Madrid a Medalla da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa

O investigador principal do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, vén de recoller a Medalla da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), que recoñece o labor dos socios que máis teñen contribuído “de forma relevante e continuada ao avance e á proxección da Estatística e da Investigación Operativa, no ámbito nacional e internacional, como disciplinas científicas”.

O proxecto Talentos Inclusivos recibe unha mención honorífica nos XXXV Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

O proxecto Talentos Inclusivos, promovido polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña, recibe unha mención honorífica nos Premios Prismas, categoría Mellor Proxecto Singular.
A entrega de premios tivo lugar o pasado 19 de novembro na Domus e o salón de plenos do Concello da Coruña.

Gaia recibe o premio da Sociedade Astronómica Estadounidense polo seu labor para a creación do mapa máis revolucionario, preciso e completo da Vía Láctea

A misión espacial Gaia da Axencia Espacial Europa recibirá o próximo mes de xaneiro o premio Lancelot M. Berkeley, recoñecemento no campo da astrofísica que outorga a Sociedade Astronómica Estadounidense (AAS). O traballo de Gaia, liderado en Galicia por dous investigadores do CITIC da UDC, foi distinguida por facer posible a creación do mapa multidimensional máis revolucionario, preciso e completo da Vía Láctea.

Nieves R. Brisaboa é unha das investigadoras destacadas na plataforma “Científicas e Innovadoras” do Ministerio de Ciencia

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa foi seleccionada para formar parte da plataforma “Científicas e Innovadoras”, un proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da súa Unidade de Mulleres e Ciencia e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Esta iniciativa ten a finalidade de dar visibilidade e poñer en valor a científicas e innovadoras españolas recoñecidas no ámbito nacional e internacional. As investigadoras seleccionadas destacan polo seu importante labor científico-técnico nas súas diferentes disciplinas e son referentes para as novas xeracións de investigadoras.

A investigadora do CITIC Verónica Bolón, nova académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España

La investigadora del CITIC Verónica Bolón ha sido nombrada recientemente académica de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Ingeniera informática, diploma en Estudios Avanzados y doctora en Computación, actualmente es profesora titular en el departamento de Ciencias de la Computación y Tecnologías de la UDC y lidera diversos proyectos de investigación en el Centro de Investigación TIC relacionados con el aprendizaje en el campo de la Inteligencia Artificial (IA).