O CITIC acolleu un encontro investigador para visibilizar o papel da muller no mundo editorial en Galicia
O encontro está enmarcado nun proxecto máis amplo que analiza o papel e funcións das mulleres no mundo editorial galego desde o ano 1975 ata o 2000, dirixido pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián. O CITIC desenvolverá o sistema de información do proxecto, integrando unha base de datos e un buscador a un catálogo informatizado de mulleres con actividade no sector editorial de Galicia.