O CITIC acolle unha nova edición dos almorzos TIC Talk
Este martes, 27 de xuño, celebrouse unha nova sesión dos almorzos TIC Talk na que se mostraron as liñas de investigación nas que traballan Ana Ribas Rodríguez e Rubén Pérez Jove.
Este martes, 27 de xuño, celebrouse unha nova sesión dos almorzos TIC Talk na que se mostraron as liñas de investigación nas que traballan Ana Ribas Rodríguez e Rubén Pérez Jove.
O CITIC da Universidade da Coruña recibiu este xoves o 11o premio Miguel Blanco da Federación Galega de Dano Cerebral polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social, así como ao exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido.
Este xoves 29 de xuño, o CITIC recibiu a visita de varios nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, inscritos no campus tecnolóxico de verán ALDABA-TIC Camp. Durante a súa visita puideron participar nun pequeno taller impartido polas investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda, onde lles mostraron diversas solucións tecnolóxicas enmarcadas dentro do proxecto de Talentos Inclusivos e participaron en diversas experiencias de realidade virtual.
A investigadora do CITIC, Susana Ladra, participou o 29 de xuño na xornada Enxeñaría x Mulleres, promovida polo centro de investigación atlanTIC da Universidade de Vigo, dentro da mesa redonda Diálogos con Enxeñeiras.
O catedrático da UDC, Ricardo Cao, impartiu o pasado mércores 21 de xuño un relatorio na IX
Xornada sobre Vixilancia en Saúde Pública, celebradas no ISCIII de Madrid.
Do 21 ao 23 de Xuño celebráronse en Vigo as “VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad” (JNIC), organizadas polo INCIBE en colaboración con atlanTTic e Gradiant, e patrocinadas polo CITIC.
O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, asistiu o pasado 17 de xuño na Facultade de Medicina de Santiago ao XV Encontro Médico, organizado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña e que contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña.
O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón do CITIC da Universidade da Coruña, celebrou este mércores 21 de xuño o peche da edición correspondente a este curso. Este programa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas, e contou este ano coa participación de catro centros: o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Sagrado Corazón Franciscanas, o Colexio Santo Domingo e o CEIP Teixeiro.
A Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) outorga ao CITIC o premio Miguel Blanco polo seu compromiso cos dereitos á inclusión social e ao exercicio dunha vida plena e autónoma das persoas con dano cerebral adquirido.
O programa Talentos Inclusivos celebrou este venres na Domus de A Coruña o peche da súa terceira edición, correspondente ao curso 2022-2023, cunha feira científica na que se expuxeron os proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.