Aberto o prazo de inscrición para participar na Olimpíada Informática Galega organizada polo CPEIG en colaboración co CITIC da UDC
A Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024) abre o seu prazo de inscrición para participar ata o vindeiro xoves 18 de xaneiro. A competición consistirá en resolver seis problemas utilizando C++, Python ou Java.