Estudantes universitarios e de bacharelato coñecen de preto a innovación no CITIC
O Centro TIC da Universidade da Coruña recibiu ao alumnado do Grao de Ciencia de Datos, do IES Eusebio da Guarda e do Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)
O Centro TIC da Universidade da Coruña recibiu ao alumnado do Grao de Ciencia de Datos, do IES Eusebio da Guarda e do Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)
No marco da 27th European Conference on Artificial Intelligence (ECAI), celebrouse recentemente o International Workshop on AI in Education and Educational Research (AIEER), organizado por Francisco Bellas e Óscar Fontenla, investigadores do CITIC da Universidade da Coruña.
A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña será a sede das III Xornadas de Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade, unha iniciativa que busca abordar o impacto da intelixencia artificial nos nesgos de xénero e explorar oportunidades para promover a igualdade no ámbito tecnolóxico.
O CITIC da UDC acolleu este martes, 29 de outubro, unha nova cita do ciclo de conferencias TIC Talk. Nesta ocasión os investigadores Xabier Pérez e Luca Sala achegaron as últimas investigacións en ciencia e tecnoloxía aplicadas a campos tan diversos como a astronomía e a conservación do patrimonio cultural.
O proxecto Talentos Inclusivos do CITIC da Universidade da Coruña acaba de recibir un novo recoñecemento polo seu traballo á hora espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
A investigadora do Centro TIC da Universidade da Coruña (UDC), Amparo Alonso, participou este venres no Coruña Innovate Summit, un evento que reuniu startups, empresas e profesionais que están na vangarda das tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial, o big data e o machine learning.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña finalizou este venres a “Semana de Proxectos Internacionais (WIPO Week)”.
O Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC acollerá os días 24 e 25 de outubro o Coruña Innovate Summit, un encontro que reunirá a startups, empresas e profesionais que traballan coas tecnoloxías máis innovadoras que darán forma ao futuro dos seus sectores. • A investigadora do CITIC e catedrática da UDC Amparo Alonso Betanzos impartirá o venres unha conferencia sobre os orzamentos en IA.
A carballesa foi premiada polo seu “excelente traballo en múltiples áreas da aprendizaxe automática” destacando o estudo sobre IA e algoritmos verdes.
Este ano, o evento experimentou un notable crecemento, cun total de 74 traballos presentados fronte aos 50 da edición anterior, o que representa un incremento dun 48% respecto do ano pasado.