O investigador Cristian Munteanu analiza o papel da IA na educación nun proxecto internacional en Romanía
Cristian Robert Munteanu, investigador do CITIC da Universidade da Coruña, participou recentemente nunha destacada actividade do proxecto internacional Science for Future Researchers: Experiments and Knowledge (ȘTIE), coordinado polo Ilie Murgulescu Institute of Physical Chemistry (ICF) en Romanía.









