Convocatoria de contratación no CITIC. Ref.: 2017/CP/054

O obxecto da presente convocatoria é a contratación, en réxime de concorrencia competitiva e aplicando os principios de igualdade, mérito, publicidade e obxectividade, de persoal investigador en formación que desexe realizar unha tese doutoral asociada a unha das liñas de investigación e baixo a dirección dos Grupos de Investigación, que forman parte da unidade de investigación da UDC, CITIC.