O CITIC recibe a unha delegación de Huawei para avaliar vías de colaboración conxunta
Unha delegación da empresa Huawei visitou a Universidade da Coruña para levar a cabo un encontro de traballo no que analizar vías de colaboración conxunta.
Unha delegación da empresa Huawei visitou a Universidade da Coruña para levar a cabo un encontro de traballo no que analizar vías de colaboración conxunta.
O venres 20 de outubro tivo lugar a inauguración da Cidade das TIC coa apertura do edificio do Centro de Servizos Avanzados (CSA). Este proxecto, xunto coa elección de Coruña como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) farán da cidade un referente no ámbito tecnolóxico, servindo como punto de encontro entre empresas e a Universidade da Coruña (UDC).
O próximo 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con Atlanttic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da ciberseguridade.
O próximo 13 de decembro, a partir das 9:40 horas, a sala Cloud do CITIC acollerá o acto de presentación de resultados de resultados de dous proxectos dirixidos por investigadores do centro para avanzar na loita contra a COVID-19. Son os proxectos CEDCOVID: Ciencia e enxeñería de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19, dirixido por Ricardo Cao Abad e Manuel F. González Penedo; e “Predición da estrutura de proteínas de SARS-CoV-2 con técnicas de Intelixencia Artificial”, dirixido por José Santos Reyes.
Facilitar a inclusión tecnolóxica e social a través das TIC entre persoas con diversidade funcional é o obxectivo do programa Talentos Inclusivos, promovido polo CITIC e ASPACE Coruña. O vindeiro 4 de novembro terá lugar na Sala Leonardo da Vinci da Domus A Coruña a presentación da terceira edición do proxecto, coa participación de medio cento de persoas, entre alumnos/as, docentes, usuarios/as de ASPACE Coruña e autoridades locais, autonómicas e nacionais.
O V Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial os días 5 e 6 de outubro de 2022, tras dúas edicións en liña debido á pandemia. O congreso está destinado a investigadores/as júnior (predoctorales e posdoctorales) para presentar as súas comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito do TIC.
O venres 15 de xullo a partir das 10:00h, o Campus Innova da Universidade da Coruña e o Clúster TIC Galicia presentarán, na sala Cloud do CITIC, o Club de Innovación Aberta “Innova Club”. Unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer solucións a retos empresariais difíciles de solucionar individualmente e cos medios tradicionais.
O CITIC acollerá o mércores 29 de xuño o encontro investigador “Elas no prelo: Mulleres no mundo da edición na Galiza”, onde se fará unha primeira achega á análise da participación das mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado “A edición literaria na Galiza, 1975-2000” (PID2020-119605RB-I00).
O vindeiro xoves 23 de xuño celebrarase na sala Cloud do CITIC a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 na provincia da Coruña. No acto compartiranse os resultados obtidos nesta primeira edición do programa, coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón e que conta co apoio Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.
O venres 17 de xuño a partir das 10:30 h presentaranse os resultados da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos no salón de actos do edificio da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Os equipos participantes no proxecto presentarán as solucións tecnolóxicas desenvolvidas ao longo do curso escolar, que teñen a finalidade de mellorar a calidade de vida de persoas con parálise cerebral.