Acto de peche da terceira edición do proxecto Talentos Inclusivos 2022-2023

A terceira edición do programa Talentos Inclusivos celebra o seu acto de clausura cunha feira científica na que se exporán os proxectos desenvolvidos polos 10 centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.

Entre os proxectos desenvolvidos poderanse ver exemplos de retos como videoxogos clásicos para utilizar en terapias de rehabilitación, bingos adaptados, mesas sensoriais ou diferentes adaptacións de boquillas para pintar ou 3D de premedores dos cabezais das cadeira de rodas.

O CITIC participará na Maker Faire Galicia con dous proxectos centrados na diversidade funcional, unha charla sobre intelixencia artificial e un hackathon

O CITIC participará, un ano máis, na Maker Faire Galicia, a maior da península, tanto en número de xornadas como en asistentes e proxectos presentados. Esta edición, que se desenvolverá do 1 ao 4 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago, contará cun variado programa e a participación de especialistas en distintas áreas de coñecemento que compartirán contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.

Día da Ciencia na Rúa de A Coruña 2023

O CITIC participará, cunha caseta compartida xunto á Consellería de Educación, no Día da Ciencia na Rúa que terá lugar o próximo 6 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, o CITIC amosará diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos.