O CITIC da UDC incorpórase ao Women in Digital Forum para impulsar a igualdade de xénero no ámbito tecnolóxico
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña foi admitido como membro institucional do Women in Digital Forum, unha iniciativa clave impulsada pola Unión Europea no marco do programa Digital Europe.









