A astronauta da ESA Sara García constata o potencial investigador do CITIC e o compromiso social del proyecto Talentos Inclusivos

A astronauta na reserva da Axencia Espacial Europea (ESA) Sara García visitou no día de onte o CITIC, onde coñeceu as súas principais investigacións, así como o programa desenvolvido con Aspace Coruña, no que participan 200 estudiantes de toda Galicia.
Xunto a Pedro Duque participou na xornada “Presente e Futuro da Industria Aeroespacial Europea: Investigación, Colaboración e Emprendemento”, organizada polo Consello Social da UDC.

Susana Ladra impartirá mañá a charla científica “Big Data e Xenómica” no IES Illa de Ons

O 25 de maio ás 11:55 h, Susana Ladra, investigadora do CITIC, directora do Campus Innova e profesora da UDC, impartirá a primeira charla do IV Ciclo de Conferencias “Aida Fernández Ríos”, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias. Susana Ladrá falará sobre “Big Data e Xenómica” ao alumnado de 4º a ESO do IES Illa de Ons de Bueu.

O CITIC participará na Maker Faire Galicia con dous proxectos centrados na diversidade funcional, unha charla sobre intelixencia artificial e un hackathon

O CITIC participará, un ano máis, na Maker Faire Galicia, a maior da península, tanto en número de xornadas como en asistentes e proxectos presentados. Esta edición, que se desenvolverá do 1 ao 4 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago, contará cun variado programa e a participación de especialistas en distintas áreas de coñecemento que compartirán contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.

Verónica Bolón participa hoxe en Pint of Science cunha charla sobre os desafíos da intelixencia artificial

Hoxe comeza o festival Pint of Science na Coruña, cunha serie de charlas que se celebrarán entre os días 22 e 24 de maio nos bares Árnica e A Olímpica da cidade herculina. Ás 20:00 horas no bar *Árnica da Coruña será a quenda da investigadora do CITIC Verónica Bolón coa súa charla “Avances e desafíos da intelixencia artificial, e por que aínda non debemos temer aos robots”. .

O experto internacional Mutlu Cukurova falará no CITIC da “Intelixencia Artificial na educación: unha visión de futuro”

O Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) organiza unha nova edición do seu ciclo de conferencias internacionais sobre intelixencia artificial. Nesta ocasión, conta coa participación do profesor Mutlu Cukurova, do University College de Londres (UCL), que realizará un relatorio centrado no potencial da IA na educación e as súas vantaxes para mellorar o ensino e a aprendizaxe.