O CITIC da UDC, axente crave de GRESINT, o consorcio interrexional de Xestión Intelixente dos Residuos
O proxecto, promovido por socios institucionais e tecnolóxicos de Galicia e Portugal, prevé desenvolver unha plataforma piloto de IA ata 2026.
O proxecto, promovido por socios institucionais e tecnolóxicos de Galicia e Portugal, prevé desenvolver unha plataforma piloto de IA ata 2026.
A próxima semana presentarase en Santiago o Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) GRESINT.
O CITIC participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A. (SOGAMA), e no que tamén participa LIPOR, en materia de transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.