Convocatoria de contratación no CITIC. Ref. 2021/CP/006
Técnico de apoio á investigación a tempo completo
Técnico de apoio á investigación a tempo completo
A investigadora do CITIC Amparo Alonso foi galardoada co Premio Gallegos del Año 2020 outorgado por El Correo Gallego, que celebra a súa trixésimo primeira edición. Estes premios buscan recoñecer ás persoas máis destacadas de Galicia.
Por motivos relacionados co COVID-19 o acto pospoñerase a febreiro de 2021 (día por determinar).
Unha vez definidos todos os equipos de traballos e os retos a desenvolver por parte dos centros educativos participantes no proxecto Talentos Inclusivos, púidose dar comezo ás sesións de sensibilización sobre a parálise cerebral dirixidas a todos os equipos de traballo participantes. Esta semana tiveron lugar as sesións co colexio Calasanz PP. Escolapios, o IES de Ortigueira e o colexio Salesianos San Juan Bosco.
O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, foi nomeado membro do Comité Asesor en Intelixencia Artificial da International AIQT Foundation, a plataforma de competencia internacional nos campos da intelixencia artificial e a tecnoloxía cuántica, con sede en Suíza.
A Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA acaban de convocar os Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2021.