Nieves R. Brisaboa é unha das investigadoras destacadas na plataforma “Científicas e Innovadoras” do Ministerio de Ciencia

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa foi seleccionada para formar parte da plataforma “Científicas e Innovadoras”, un proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da súa Unidade de Mulleres e Ciencia e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Esta iniciativa ten a finalidade de dar visibilidade e poñer en valor a científicas e innovadoras españolas recoñecidas no ámbito nacional e internacional. As investigadoras seleccionadas destacan polo seu importante labor científico-técnico nas súas diferentes disciplinas e son referentes para as novas xeracións de investigadoras.

A investigadora do CITIC Verónica Bolón, nova académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España

La investigadora del CITIC Verónica Bolón ha sido nombrada recientemente académica de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Ingeniera informática, diploma en Estudios Avanzados y doctora en Computación, actualmente es profesora titular en el departamento de Ciencias de la Computación y Tecnologías de la UDC y lidera diversos proyectos de investigación en el Centro de Investigación TIC relacionados con el aprendizaje en el campo de la Inteligencia Artificial (IA).

Presentada a III edición de Talentos Inclusivos, co obxectivo de espertar as vocacións TIC no alumnado de secundaria e bacharelato mediante a inclusión a través da tecnoloxía

O programa Talentos Inclusivos, promovido polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral de A Coruña (ASPACE) para facilitar a inclusión das persoas con diversidade funcional, presentou na DOMUS da Coruña a terceira edición do proxecto.

Minia Manteiga participará nun encontro de investigadores españois en Suíza, Italia e Francia no CERN

O próximo 19 de novembro a Asociación de Científicos Españois en Suíza (ACECH) organiza o Encontro de investigadores españois en Suíza, Italia e Francia nas instalacións do CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), en Xenebra. O evento contará coa participación de Minia Manteiga Outeiro, profesora de Astronomía e Astrofísica a UDC e investigadora do CITIC, e Mariano Barbacid Montalbán, profesor e investigador de Oncoloxía Molecular do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).

Presentación da terceira edición do proxecto Talentos Inclusivos

Facilitar a inclusión tecnolóxica e social a través das TIC entre persoas con diversidade funcional é o obxectivo do programa Talentos Inclusivos, promovido polo CITIC e ASPACE Coruña. O vindeiro 4 de novembro terá lugar na Sala Leonardo da Vinci da Domus A Coruña a presentación da terceira edición do proxecto, coa participación de medio cento de persoas, entre alumnos/as, docentes, usuarios/as de ASPACE Coruña e autoridades locais, autonómicas e nacionais.