Convocatoria de contratación no CITIC. Ref. 2023/CP/017
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
O programa Talentos Inclusivos foi recoñecido na primeira edición dos Premios Nacionales de Ingeniería Informática co galardón Humanismo e Compromiso Social polo seu labor na pasada edición. O proxecto, posto en marcha polo CITIC da Universidade da Coruña e Aspace Coruña, conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
A profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University (ODU) de Norfolk (Virginia), impartiu recentemente unha conferencia na que analizou o papel da IA na Educación. Helen Crompton, directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab da ODU, centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual.
Hoxe visitou o CITIC un grupo de 22 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do Colegio Sagrado Corazón, Franciscanas, da Coruña.
O alumnado foi recibido na sala Demostrador Tecnolóxico polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación.
O próximo 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con Atlanttic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da ciberseguridade.
Esta mañá visitaron o CITIC un grupo de 30 alumnos e alumnas de primeiro curso do Grao en Intelixencia Artificial da UDC, acompañados pola súa profesora e membro do Comité de Dirección do CITIC Adriana Dapena.
O alumnado foi recibido polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación.
Este martes, 28 de febreiro, celebrouse unha nova sesión dos Almorzos TIC Talk, nesta ocasión mostráronse as liñas de investigación nas que traballan Elsa Martín de Arribas e Mateo Gende Lozano sobre Intelixencia Artificial aplicada ao ámbito médico.