O CITIC acolleu a presentación de resultados da primeira edición do programa Inspira STEAM 2022 na Coruña

O xoves 23 de xuño o CITIC acolleu a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 na provincia da Coruña, que estivo coordinado pola investigadora Verónica Bolón e que conta co apoio do CITIC e o Campus Innova da UDC. Ao acto acudiron mentoras/es e titoras/es participantes na iniciativa para compartir os resultados obtidos na primeira edición do programa, que busca fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a xuventude.

A UDC e ASPRONAGA asinan un acordo de colaboración para establecer liñas de investigación en discapacidade a través do CITIC

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, Aspronaga, Nicanor Álvarez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para intensificar a investigación no ámbito da discapacidade a través do CITIC.

Preto de 200 estudantes participantes no proxecto Talentos Inclusivos presentan os retos tecnolóxicos desenvolvidos para persoas con parálise cerebral

O xoves 17 de xuño tivo lugar o acto de peche da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos, posto en marcha polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña. A iniciativa ten a finalidade de espertar vocacións tecnolóxicas entre a xuventude e sensibilizar sobre a parálise cerebral.

Acto de peche da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos

O venres 17 de xuño a partir das 10:30 h presentaranse os resultados da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos no salón de actos do edificio da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Os equipos participantes no proxecto presentarán as solucións tecnolóxicas desenvolvidas ao longo do curso escolar, que teñen a finalidade de mellorar a calidade de vida de persoas con parálise cerebral.

Investigadores do CITIC participan na 4th International Conference on Computational Finance, na que foi premiado Álvaro Leitao

Un equipo de investigadores/as do CITIC participaron na 4th International Conference on Computational Finance (ICCF2022), que tivo lugar en Wuppertal (Alemaña) do 6 ao 10 de xuño. É a cuarta dunha serie bienal de conferencias en Computational Finance organizada polo consorcio do proxecto europeo FP7 Marie Curie ITN STRIKE “Novel Methods in Computational Finance” (2013-2016).

Investigadores do CITIC da UDC participan na publicación do mapa máis completo da Vía Láctea

Este luns presentouse a terceira publicación de datos de Gaia, misión espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) que aporta o catálogo máis preciso e completo da Vía Láctea. O equipo de investigadores do CITIC que forman parte desta misión espacial están liderados pola astrofísica Minia Manteiga e o enxeñeiro informático Carlos Dafonte.

O CITIC acollerá o International Symposium on Recent Advances in Statistics en honra a Ingrid Van Keilegom

O próximo 15 de xuño o CITIC acollerá o International Symposium on Recent Advances in Statistics en honra a Ingrid Van Keilegom, profesora da Universidade KU Leuven. Neste evento, organizado persoal investigador do CITIC, oito relatores presentarán traballos relacionado coa investigación da propia Ingrid Van Keilegom.