Investigadores do CITIC participan na 4th International Conference on Computational Finance, na que foi premiado Álvaro Leitao

Un equipo de investigadores/as do CITIC participaron na 4th International Conference on Computational Finance (ICCF2022), que tivo lugar en Wuppertal (Alemaña) do 6 ao 10 de xuño. É a cuarta dunha serie bienal de conferencias en Computational Finance organizada polo consorcio do proxecto europeo FP7 Marie Curie ITN STRIKE “Novel Methods in Computational Finance” (2013-2016).

Investigadores do CITIC da UDC participan na publicación do mapa máis completo da Vía Láctea

Este luns presentouse a terceira publicación de datos de Gaia, misión espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) que aporta o catálogo máis preciso e completo da Vía Láctea. O equipo de investigadores do CITIC que forman parte desta misión espacial están liderados pola astrofísica Minia Manteiga e o enxeñeiro informático Carlos Dafonte.

O CITIC acollerá o International Symposium on Recent Advances in Statistics en honra a Ingrid Van Keilegom

O próximo 15 de xuño o CITIC acollerá o International Symposium on Recent Advances in Statistics en honra a Ingrid Van Keilegom, profesora da Universidade KU Leuven. Neste evento, organizado persoal investigador do CITIC, oito relatores presentarán traballos relacionado coa investigación da propia Ingrid Van Keilegom.

O CITIC acolle a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 A Coruña

O vindeiro xoves 23 de xuño celebrarase na sala Cloud do CITIC a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 na provincia da Coruña. No acto compartiranse os resultados obtidos nesta primeira edición do programa, coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón e que conta co apoio Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.

O CITIC recibe a dous alumnos para realizar prácticas no marco do programa Espazo Compartido

O pasado xoves 26 de maio incorporáronse ao CITIC dous alumnos do programa Espazo Compartido para a realización das súas prácticas durante catro semanas. Espazo Compartido é un programa da Universidade da Coruña para a formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, que busca a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de mozos e mozas con discapacidade cognitiva.

Medicina do sono e estatística aplicada ás finanzas, na terceira sesión dos Almorzos TIC Talk

Este martes 31 de maio celebrouse no CITIC a terceira sesión dos Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións informais dirixidas ao persoal investigador do centro que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira. Este novo encontro contou coa participación de Diego Álvarez e Rebeca Peláez, que foron presentados por Álvaro Leitao, membro da comisión de formación.

Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding

O próximo 3 de xuño o CITIC acollerá a “Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding”, organizada en colaboración con econet- FundingBox. O obxectivo é dar a coñecer a grupos de investigación, pemes, midcaps e start-ups o financiamento en cascada, un método de financiamento da Comisión Europea que ten como obxectivo impulsar a creación de novas empresas, aumentar a escalabilidade de novos produtos e impulsar a adopción ou desenvolvemento de innovación tecnolóxicas nas empresas. A xornada contará coa presenza de representantes de GAIN, DIHGIGAL e o Clúster TIC, así como de expertos en proxectos financiados por este tipo convocatorias.