Convocatoria de contratación no CITIC. Ref. 2022/CP/134
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa impartirá un relatorio na Aula de Verán “Blas Cabrera” de iniciación á investigación, a docencia e a innovación científica, que se desenvolverá entre o 8 e o 12 de agosto no Palacio da Magdalena de Santander, organizada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación.
O investigador do CITIC Ángel López Oriona foi premiado na 17th Conference of the International Federation of Classification Societies (IFCS 2022), celebrada do 19 ao 23 de xullo no Porto, polo seu traballo Unsupervised classification of categorical time series through innovative distances, que desenvolveu xunto co investigador do CITIC José Antonio Vilar e o profesor da Universidade de Roma A Sapienza, Pierpaolo D’Urso.
Nace a Rede Galega de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva para mellorar a calidade de vida das persoas grazas a innovadoras solucións tecnolóxicas baseadas en intelixencia artificial e realidade aumentada, telefonía móbil, asistentes de voz ou espazos domotizados
Entrevistamos ao noso investigador predoutoral Ángel López Oriona tras unha estadía de tres meses na Universidade de Sídney. O seu traballo investigador alí desenvolveuse ao redor do desenvolvemento de algoritmos clustering de series temporais.
Un sistema de control intelixente máis rápido, óptimo e eficiente, que permite detectar as anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos. Este é o obxectivo do Traballo Fin do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica da EPEF do investigador CITIC da UDC Álvaro Michelena Grandío, quen vén de recibir o Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA), patrocinado pola empresa ASTI. O galardón, entregado no XVII Simposio de Control Inteligente do CEA, recoñece e estimula o traballo desenvolvido en relación ao control intelixente.
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este venres, 15 de xullo, o acto de presentación do “Innova Club”, unha pioneira iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer solucións a retos empresariais difíciles de resolver de xeito individual e cos medios tradicionais. Así, proponse a creación de equipos organizados de maneira personalizada, formados por expertos de empresas tecnolóxicas, profesionais, profesores e alumnos universitarios, que se encargarán de deseñar solucións para dar resposta a necesidades reais do mercado.
O venres 15 de xullo a partir das 10:00h, o Campus Innova da Universidade da Coruña e o Clúster TIC Galicia presentarán, na sala Cloud do CITIC, o Club de Innovación Aberta “Innova Club”. Unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer solucións a retos empresariais difíciles de solucionar individualmente e cos medios tradicionais.
Ricardo Cao, investigador e membro do comité de dirección do CITIC, foi distinguido coa Medalla da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) pola súa contribución ao desenvolvemento e proxección da disciplina no ámbito nacional e internacional.
UUn artigo da nosa investigadora Nelly Condori foi recoñecido como Distinguished Paper como resultado da súa participación no XXV Ibero-American Conference on Software Engineering (CIbSE 2022), celebrado do 13 ao 17 de xuño en Arxentina.