Convocatoria de contratación no CITIC. Ref. 2023/CP/019
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
Técnico/a de apoio á investigación a tempo completo
O programa Talentos Inclusivos foi recoñecido na primeira edición dos Premios Nacionales de Ingeniería Informática co galardón Humanismo e Compromiso Social polo seu labor na pasada edición. O proxecto, posto en marcha polo CITIC da Universidade da Coruña e Aspace Coruña, conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
A profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University (ODU) de Norfolk (Virginia), impartiu recentemente unha conferencia na que analizou o papel da IA na Educación. Helen Crompton, directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab da ODU, centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual.
Hoxe visitou o CITIC un grupo de 22 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do Colegio Sagrado Corazón, Franciscanas, da Coruña.
O alumnado foi recibido na sala Demostrador Tecnolóxico polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación.
O próximo 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con Atlanttic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da ciberseguridade.
Esta mañá visitaron o CITIC un grupo de 30 alumnos e alumnas de primeiro curso do Grao en Intelixencia Artificial da UDC, acompañados pola súa profesora e membro do Comité de Dirección do CITIC Adriana Dapena.
O alumnado foi recibido polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación.