O programa Talentos Inclusivos, Premio Nacional de Ingeniería Informática

O programa Talentos Inclusivos foi recoñecido na primeira edición dos Premios Nacionales de Ingeniería Informática co galardón Humanismo e Compromiso Social polo seu labor na pasada edición. O proxecto, posto en marcha polo CITIC da Universidade da Coruña e Aspace Coruña, conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.

Helen Crompton fala no CITIC do papel da intelixencia artificial na educación

A profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University (ODU) de Norfolk (Virginia), impartiu recentemente unha conferencia na que analizou o papel da IA na Educación. Helen Crompton, directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab da ODU, centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual.

C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023

O próximo 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con Atlanttic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da ciberseguridade.

Alumnado do Grao de Intelixencia Artificial da UDC coñece o CITIC

Esta mañá visitaron o CITIC un grupo de 30 alumnos e alumnas de primeiro curso do Grao en Intelixencia Artificial da UDC, acompañados pola súa profesora e membro do Comité de Dirección do CITIC Adriana Dapena.

O alumnado foi recibido polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación.

Dous prototipos do CITIC para medir contaminación lumínica poñeránse a prueba no marco da expedición “Compromiso coa tierra” que parte hoxe a Laponia

Hoxe parte desde Mos (Pontevedra) con destino ao Lago Torneträsk de Laponia a cuarta expedición do proxecto “Compromiso coa terra”, capitaneada pola alpinista Chus Lago e que ten a finalidade de espertar a conciencia ambiental sobre o cambio climático. Durante a expedición, poñeranse a proba dous prototipos desenvolvidos no CITIC dotados de sensores de brillo de ceo nocturno.