Matemáticas para predicir o risco de cardiotoxicidade en cancro de mama

O de mama é o primeiro cancro entre a poboación feminina e un dos de maior incidencia en Galicia. Cada ano detéctanse na nosa comunidade máis de 2.000 novos casos, segundo datos do Observatorio contra o Cancro da AECC. Un equipo de investigadores do CITIC da UDC vén de rematar a primeira fase dun estudo estatístico que mide a probabilidade de padecer cardiotoxicidade en mulleres que reciben tratamentos potencialmente cardiotóxicos.

O CITIC participa nas I Xornadas Internacionais de Tecnoloxías para a Inclusión

Os días 2 e 3 de marzo desenvolvéronse en formato híbrido as Xornadas Internacionais de Tecnoloxías para a Inclusión, realizadas na Escola Superior de Educação e Ciências Sociais do Politécnico de Leiria e difundidas a través da súa canle de Youtube. Neste encontro, coorganizado por un grupo de investigadores/as del CITIC, liderado por Thais Pousada, e a Universidade Federal Rural de Río de Janeiro, participaron relatoras de Portugal, Brasil e España.

O programa Talentos Inclusivos, Premio Nacional de Ingeniería Informática

O programa Talentos Inclusivos foi recoñecido na primeira edición dos Premios Nacionales de Ingeniería Informática co galardón Humanismo e Compromiso Social polo seu labor na pasada edición. O proxecto, posto en marcha polo CITIC da Universidade da Coruña e Aspace Coruña, conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.

Helen Crompton fala no CITIC do papel da intelixencia artificial na educación

A profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University (ODU) de Norfolk (Virginia), impartiu recentemente unha conferencia na que analizou o papel da IA na Educación. Helen Crompton, directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab da ODU, centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual.