O CITIC da UDC incrementa a captación de talento internacional gracias o proxecto europeo 3i-ICT

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC incrementa a súa captación de talento internacional a través do proxecto europeo 3i-ICT. Na segunda edición deste programa -cuxa recepción de candidaturas pechouse recentemente-, o centro da UDC recibiu 75 candidaturas de 56 solicitantes, das cales 51 de 39 persoas foron admitidas.

O CITIC co AI Song Contest, o festival de Eurovisión da Intelixencia Artificial

Converter A Coruña na capital mundial da música creada con intelixencia artificial é o obxectivo do AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión da IA, que terá lugar no CSA da Cidade das TIC o vindeiro 4 de novembro. Un evento ó que se une o CITIC da UDC para dar a coñecer o potencial da IA en diferentes campos creativos e artísticos como o da música.

O programa Inspira STEAM, coordinado por Verónica Bolón do CITIC da UDC, esperta novas vocacións científicas en A Coruña

O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón do CITIC da Universidade da Coruña, celebrou este mércores 21 de xuño o peche da edición correspondente a este curso. Este programa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas, e contou este ano coa participación de catro centros: o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Sagrado Corazón Franciscanas, o Colexio Santo Domingo e o CEIP Teixeiro.

Talentos Inclusivos pecha a súa III edición cunha feira científica cos traballos desenvoltos por centros escolares da Coruña e Ourense

O programa Talentos Inclusivos celebrou este venres na Domus de A Coruña o peche da súa terceira edición, correspondente ao curso 2022-2023, cunha feira científica na que se expuxeron os proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.

O CITIC recibe unha visita escolar no marco da iniciativa da Unidade de Divulgación Científica da UDC “Atrévete a pescudar con elas!”

Hoxe os centros de investigación do Campus de Elviña CITIC, CICA e CITEEC recibiron a visita dun grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela de Padrón. A visita aos centros de investigación está enmarcada na iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!”, organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.