Alumnado do IES Miño de Rábade coñece o CITIC

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de estudantes de 3º da ESO e 1º de bacharelato do IES Río Miño de Rábade.

A sesión comezou no Demostrador Tecnolóxico, onde o responsable da unidade de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostroulles os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro, principalmente nos ámbitos de robótica.

O CITIC participa na Xornada anual “Padriño Tecnolóxico” organizada pola Universidade de Alcalá

O pasado 24 de novembro tivo lugar a xornada “Padriño Tecnolóxico”, promovida polo proxecto do mesmo nome e pola Universidade de Alcalá (UAH), e na que se presentaron os principais proxectos de innovación tecnolóxica cara ás persoas con discapacidade.
Na xornada, a investigadora do CITIC Thais Pousada presentou as características do proxecto Talentos Inclusivos

O proxecto Talentos Inclusivos participa nas VI Xornadas sobre Diversidade na Universidade

O pasado 16 de decembro o proxecto do CITIC Talentos Inclusivos participou nas “IV Xornadas sobre Diversidade da Universidade” que tiveron lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación situada no Campus de Elviña.

Participaron os membros do CITIC Patricia Concheiro, Carmen Miranda, Manuel Lago e Laura Rodríguez que mostraron videoxogos adaptados acompañados dos seus elementos de control.

Programación matemática e realidade virtual para persoas maiores e con diversidade funcional, temas centrais da última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk

Este martes 29 de novembro o CITIC acolleu a sétima e última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk. Os protagonistas do encontro, que ten a finalidade de achegar o traballo realizado no centro nun ambiente distendido, foron Christian Álvarez Peláez e Manuel Lagos Rodríguez.

Persoal investigador do CITIC organiza a conferencia “Mathematical and Statistical modelling using the FMM approach. The case of the Electrocardiogram”, impartida por Cristina Rueda, catedrática da Universidad de Valladolid

O vindeiro 30 de novembro, ás 12:30 h, na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da UDC, terá lugar a conferencia “Mathematical and Statistical modelling using the FMM approach. The case of the Electrocardiogram”. Será impartida por Cristina Rueda, Catedrática do Dpto. de Estadística e IO da Universidad de Valladolid.

O proxecto Talentos Inclusivos recibe unha mención honorífica nos XXXV Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

O proxecto Talentos Inclusivos, promovido polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña, recibe unha mención honorífica nos Premios Prismas, categoría Mellor Proxecto Singular.
A entrega de premios tivo lugar o pasado 19 de novembro na Domus e o salón de plenos do Concello da Coruña.