O CITIC recibe a visita de alumnado do Liceo La Paz
Este mércores 17 de novembro o CITIC recibiu a visita dun grupo de 8 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato STEMBach do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña.
Este mércores 17 de novembro o CITIC recibiu a visita dun grupo de 8 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato STEMBach do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña.
A investigadora do CITIC Elena Hernández Pereira e o profesor da Universidade de Vigo Juan Carlos Burguillo Rial impartiron o pasado 10 de novembro o taller “Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións” no Ciber. gal 2021.
O pasado xoves, 11 de novembro, tivo lugar a entrega dos premios Cátedra R en ciberseguridade que se outorgaron como colofón da primeira edición do evento CIBER. gal. Outorgáronse cinco premios, tres dos cales recaeron en traballos dirixidos ou realizados por investigadores do CITIC.
Este luns 15 de novembro o CITIC recibiu a visita dun grupo de 24 alumnos e alumnas que cursan a materia de TIC de 1º de bacharelato do IES Moncho Valcarce das Pontes de García Rodríguez.
Alumnado de 2º de bachillerato do IES Agra do Orzán de A Coruña que participan no programa STEMbach da Xunta de Galicia visitaron esta mañá o CITIC. Os estudantes coñeceron diferentes proxectos desenvolvidos no CITIC, principalmente nos ámbitos da robótica, a realidade virtual e a realidade aumentada.
O CITIC colabora coa iniciativa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022, coordinado pola investigadora Verónica Bolón e que ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as rapazas. O programa dará comezo o vindeiro 16 de novembro cunha sesión informativa aberta dirixida a mentoras e mentores que queiran participar na iniciativa.
O subdirector do CITIC, Javier Pereira, a investigadora Susana Ladra e o responsable de Sistemas, Alejandro Mosteiro, participaron nos Encontros con Profesionais TIC, actividade enmarcada no convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital.
Amparo Alonso participou o pasado 2 de novembro na presentación do Mes da Ciencia en Galego, que tivo lugar na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
A investigadora do CITIC Lucía Ramos impartirá mañá o obradroiro tecnolóxico “Introdución á Visión Artificial” no marco da iniciativa Mática, organizada polo CPEIG e a AMTEGA. Está destinado a nenas e adolescentes de 12 a 18 anos.
O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle impartirá o vindeiro xoves 28 de outubro a charla “Técnicas intelixentes para a optimización e a mellora da eficiencia dunha vivenda bioclimática”, dentro das Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental, organizadas desde a Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e que terán lugar na Escola de Enxeñería de Bilbao.