Investigadores do CITIC imparten unha nova edición do curso Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional

As investigadoras do CITIC Betania Groba, Laura Nieto e Thais Pousada, xunto ao subdirector Javier Pereira, impartirán un ano máis o MOOC “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”, que se celebrará a partir do próximo 15 de marzo. Este curso é acollido pola plataforma MiríadaX e a súa inscrición é libre e gratuíta.

Comezan as sesións de sensibilización sobre a parálise cerebral do proxecto Talentos Inclusivos

Unha vez definidos todos os equipos de traballos e os retos a desenvolver por parte dos centros educativos participantes no proxecto Talentos Inclusivos, púidose dar comezo ás sesións de sensibilización sobre a parálise cerebral dirixidas a todos os equipos de traballo participantes. Esta semana tiveron lugar as sesións co colexio Calasanz PP. Escolapios, o IES de Ortigueira e o colexio Salesianos San Juan Bosco.

Salvador Naya participa no Ciclo de Conferencias da Escola Politécnica Nacional de Ecuador

O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e presidente do Comité de Dirección do CITIC, Salvador Naya, participará o vindeiro xoves 26 de novembro de forma telemática no Ciclo de conferencias: matemática e as súas aplicacións 2020, organizado pola Escola Politécnica Nacional de Ecuador.

Nieves R. Brisaboa participa no ciclo “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa participará o próximo 17 de novembro no ciclo de coloquios “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”, que se desenvolverán de xeito online ao longo das vindeiras semanas. Esta actividade está organizada polo IGADI co apoio do Concello da Coruña.