José A. Iglesias Guitián recibe unha bolsa da Fundación BBVA

O investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián recibiu unha bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais, outorgada pola Fundación BBVA. Cunha dotación global de máis de dous millóns de euros, as bolsas Leonardo están destinadas a apoiar proxectos persoais de investigadores e creadores culturais en estadios intermedios da súa carreira, que se caractericen por unha significativa produción científica, tecnolóxica ou cultural. Nesta convocatoria concedéronse 58 bolsas, entre as 1274 solicitudes presentadas.

Eva Blanco, seleccionada para a fase nacional no concurso “A túa Tese Doutoral nun Fío de Twitter”

A investigadora do CITIC Eva Blanco foi seleccionada para acceder á fase nacional do concurso A túa Tese Doutoral nun Fío de Twitter: #HiloTesis, organizado por por Crue Universidades Españolas. Este concurso ten o obxectivo de promover a actividade divulgadora entre o estudantado de Doutoramento das universidades que forman parte desta asociación. Así, a investigadora foi capaz de explicar o tema central que aborda na súa tese: a transferencia de coñecemento entre sistemas intelixentes.

José Luis Calvo Rolle participa no instrumento “Visitors of Excellence” do programa María de Maetzu do Instituto de Robótica e Informática Industrial de Barcelona

O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle foi convidado polo Instituto de Robótica e Informática Industrial, centro mixto de investigación do Consello Español de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), situado en Barcelona. A estancia realizarase do 13 ao 17 de xuño enmarcada no instrumento “Visitors of Excellence” do Programa Estratéxico María de Maeztu.

O investigador Juan Romero recibe un premio na conferencia EvoMUSART 2021

O investigador do CITIC Juan Romero foi galardoado no evento EvoMUSART 2021: 10th International Conference on Artificial Intelligence in Music, Sound, Art and Design, que se celebrou dentro de Evostar do 7 ao 9 de abril. O investigador recibiu o premio Evo* Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe.

A Facultade de Informática entrega o VI Premio ao Mellor TFG Aplicado

Este venres 9 de abril entregouse o VI Premio ao Mellor TFG Aplicado da Facultade de Informática da UDC, no que colabora o CITIC. Este galardón recoñece aos mellores traballos de fin de grao presentados no curso 2019/2020, destinado ao alumnado con cualificación de Matrícula de Honor. Esta sexta edición do Premio estivo patrocinada polas empresas Imatia Innovación, Inycom, Everis e Aldaba.

O proxecto COVIBENS, exemplo internacional para a detección de COVID a través das augas residuais

A investigadora do Grupo de Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Margarita Poza, foi invitada a participar este luns 22 de marzo no foro organizado pola Comisión Europea “SARS-CoV-2 Monitoring employing Sewers. Designing the EU Sewer Sentinel System for SARS-CoV-2 (EUS4)”. A microbióloga explicará os resultados do proxecto COVIDBENS (Monitorización de variantes do SARS-CoV-2 en augas residuais da Coruña), que lidera e do que tamén forman parte os investigadores do CITIC Susana Ladra e Ricardo Cao.