O CITIC premia a excelencia tecnolóxica na VI edición do XoveTIC
Nove das 55 investigacións presentadas no certame recibiron o recoñecemento do Comité Científico, quen destacou a calidade, excelencia e orixinalidade dos traballos presentados.
Nove das 55 investigacións presentadas no certame recibiron o recoñecemento do Comité Científico, quen destacou a calidade, excelencia e orixinalidade dos traballos presentados.
A Real Academia Galega de Ciencias concede a medalla Enrique Vidal Abascal ao investigador do CITIC Ricardo Cao, como recoñecemento ao seu labor na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. A entrega de medallas terá lugar o mércores 4 de outubro no Pazo de Fonseca, en Santiago.
A xornada celebrarase o próximo 10 de outubro no CITIC e contará coas conferencias convidadas de Fabio Manca, Coordinador Big Data, Dirección de Emprego e Asuntos Sociais da OCDE e Zeltia Lado Lago, Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Xunta de Galicia
Os próximos días 4 e 5 de outubro a Facultade de Dereito acollerá as II xornadas “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”, cofinanciadas polo Concello da Coruña, o CITIC, a cátedra NTTData e o Campus Innova.
O proxecto Talentos Inclusivos acaba de ser galardoado co Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, unha distinción instituída polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”.
Membros da Universidade Marta Abeu de Santa Clara, en Cuba, visitaron a UDC e o CITIC co fin de estreitar lazos e buscar novas vías de colaboración. Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, e Manuel Penedo, director do CITIC, recibiron nas instalacións do centro á delegación.
Iñaki Amatria Barral, estudante da Universidade da Coruña, foi galardoado co Primeiro Premio no XX Certame Universitario Arquímedes de Introdución á Investigación Científica, do Ministerio de Universidades, cun traballo titorizado polos investigadores do CITIC Jorge González e Juan Touriño.
O investigador e profesor da UDC, Francisco Zayas Gato, recibiu recentemente o primeiro Premio Nacional IDOM á mellor Tese Doutoral en Control Intelixente por “Implementación de algoritmos de asistencia e recomendación para a toma de decisións e detección de situacións singulares en sistemas complexos mediante técnicas intelixentes”; traballo que tivo como directores a José Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez, membros do CITIC.
A estudante de doutoramento do grupo de investigación MODES do CITIC da UDC, Naomi Diz Rosales, acaba de ser galardoada co Premio ao mellor póster realizado por unha investigadora nova no transcurso da XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023).