O CITIC recibiu hoxe o 11º Premio FEGADACE-Miguel Blanco no transcurso da II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral que tivo lugar na Cidade da Cultura
O CITIC da Universidade da Coruña recibiu este xoves o 11o premio Miguel Blanco da Federación Galega de Dano Cerebral polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social, así como ao exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido.