Guillermo López Taboada participa como asesor da exposición Galicia Futura
O investigador do CITIC Guillermo López Taboada participa como asesor no ámbito da informática da exposición ‘Galicia Futura’, impulsada pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2021. Esta mostra inaugurarase o 14 de xullo no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.