O CITIC acolle o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, organizado xunto con ITMATI

O CITIC acollerá este venres 4 de xuño o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas. Neste evento, organizado xunto con ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), as empresas convidadas exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por computador (CAE), etc.

Susana Ladra participa no debate “O liderado da muller na ciencia: retos e oportunidades”

A investigadora do CITIC Susana Ladra participará no debate “O liderado da muller na ciencia: retos e oportunidades” organizado pola Fundación CYD. O debate servirá para poñer en común os avances conseguidos e os temas aínda pendentes, como son a ausencia de referentes femininos, a invisibilidade de logros, o desfasamento de xénero na pirámide académica/científica, os estereotipos nas carreiras STEM e a desigualdade de oportunidades nas disciplinas técnicas e a invisibilidade dos logros femininos.