O CITIC acolle a reunión plenaria do CU8 de Gaia, misión espacial encargada de crear o mapa máis completo da Vía Láctea

Entre o 28 e o 30 de setembro celebrarase no CITIC a reunión plenaria da Unidade de Coordinación 8 (CU8) do consorcio europeo DPAC para o procesado de datos da misión espacial Gaia da Axencia Espacial Europea. Este grupo de traballo é o encargado de levar a cabo a clasificación e a determinación dos parámetros astrofísicos observados por Gaia, como as temperaturas estelares ou os redshifts das galaxias.

Dous traballos do CITIC da UDC sobre Intelixencia Artificial aplicada ao desenvolvemento sostible, premiados polo Comité Español de Automática

O CITIC da UDC consegue novos logros no ámbito da Intelixencia Artificial aplicada ao desenvolvemento sostible, considerado estratéxico para a transferencia do centro de investigación. O grupo que dirixe José Luis Calvo Rolle vén de recibir cadanseu premio da man do Comité Español de Automática (CEA) por dous traballos sobre control intelixente en enerxía eólica e almacenamento de enerxía con hidróxeno, respectivamente.

Investigadores do CITIC presentan os seus avances sobre robótica cognitiva na Conferencia Internacional do IEEE sobre Desenvolvemento e Aprendizaxe (ICDL) de Londres

A proposta dunha nova arquitectura xerárquica (H-GRAIL) para robótica cognitiva, que selecciona os obxectivos para alcanzar en base a motivacións intrínsecas é eixo central do traballo de investigación realizado polos investigadores Richard J. Duro e Alejandro Romero. O traballo foi presentado por ambos na Conferencia Internacional do IEEE sobre Desenvolvemento e Aprendizaxe (ICDL) 2022, que se celebrou a pasada semana en Londres.

Beatriz Piñeiro Lamas e Ángel López Oriona participan no Joint Statistical Meetings en Washington D.C.

Os investigadores do CITIC Ángel López Oriona e Beatriz Piñeiro Lamas participaron no Joint Statistical Meetings (JSM), que se celebrou do 6 ao 11 de agosto en Washington D.C. organizado pola American Statistical Association (ASA). Trátase dun dos eventos de estatística máis grandes do mundo, con máis de 6500 participantes de 52 países. Os temas que aborda van desde as aplicacións estatísticas á metodoloxía e a teoría, ata os límites en expansión da estatística, como a análise e a ciencia de datos.

Carlos Gómez, investigador do CITIC da UDC, recibe financiamento do prestixioso ERC para o seu proxecto de lingüística computacional, a ciencia que traduce a linguaxe natural a dispositivos tecnolóxicos

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC dá un novo salto cualitativo na transferencia de tecnoloxía e no seu recoñecemento internacional. O proxecto “Efficient Syntactic Analysis for Large-scale Sentiment Analysis” (SALSA), dirixido polo IP do centro Carlos Gómez Rodríguez, acaba de ser seleccionado pola axencia de financiamento máis importante de Europa, o Consello Europeo de Investigación (ERC).

Persoal investigador do CITIC organiza o SEPLN 2022, foro de referencia no ámbito do Procesamento da Linguaxe Natural

A 38ª edición do Congreso da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural terá lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña do 20 ao 23 de setembro. O SEPLN 2022, evento científico de referencia no ámbito do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), está organizado polo persoal investigador da área de IA do CITIC.

Aberto o rexistro de asistencia para o V Congreso XoveTIC

O rexistro de asistencia para o V Congreso XoveTIC, que terá lugar o 5 e 6 de outubro no CITIC e a Facultade de Informática da UDC, está aberto ata o próximo 16 de setembro. O evento, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial tras dúas edicións online debido á pandemia. Trátase dun congreso destinado a investigadores/as júnior, ofrecéndolles un espazo de encontro para o debate científico, onde presenten os seus traballos no ámbito das TIC.

V Congreso XoveTIC

O V Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial os días 5 e 6 de outubro de 2022, tras dúas edicións en liña debido á pandemia. O congreso está destinado a investigadores/as júnior (predoctorales e posdoctorales) para presentar as súas comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito do TIC.