A Coruña avanza na identificación de casos de uso de intelixencia artificial para mellorar os seus servizos públicos

O proxecto europeo ALLOCATE, coordinado polo Concello da Coruña e coa participación do CITIC da UDC, analiza os retos de mobilidade, xestión de residuos e servizos cidadáns antes de formular solucións baseadas na IA. A iniciativa incorpora criterios relacionados coa eficiencia e a sustentabilidade dos sistemas de intelixencia artificial.

Verónica Bolón, investigadora do CITIC da UDC, participa na presentación do Plan IA360 para un despregamento responsable da IA

A investigadora do CITIC e profesora de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial da Universidade da Coruña, Verónica Bolón, participou o pasado 21 de setembro na xornada IA360: Plan para un despliegue responsable de la IA, celebrada no complexo de La Moncloa con motivo da presentación do novo Plan IA360 do Gobierno de España.

O programa Inspira STEAM, coordinado por Verónica Bolón do CITIC da UDC, esperta novas vocacións científicas en A Coruña

O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón do CITIC da Universidade da Coruña, celebrou este mércores 21 de xuño o peche da edición correspondente a este curso. Este programa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas, e contou este ano coa participación de catro centros: o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Sagrado Corazón Franciscanas, o Colexio Santo Domingo e o CEIP Teixeiro.