O CITIC da UDC participa na Cidade das TIC no congreso Coruña Innovate Summit
O Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC acollerá os días 24 e 25 de outubro o Coruña Innovate Summit, un encontro que reunirá a startups, empresas e profesionais que traballan coas tecnoloxías máis innovadoras que darán forma ao futuro dos seus sectores. • A investigadora do CITIC e catedrática da UDC Amparo Alonso Betanzos impartirá o venres unha conferencia sobre os orzamentos en IA.