Lentes HTC Vive
Grazas a estas lentes de realidade virtual terase acceso ao metaverso, un contorno virtual totalmente simulado no…
Grazas a estas lentes de realidade virtual terase acceso ao metaverso, un contorno virtual totalmente simulado no…
Robot educativo que emprega unha plataforma lixeira para aproveitar as características de calquera móbil moderno, e lograr así un gran número…
Esta cinta de correr en 360 grados é o complemento perfecto para lograr unha gran inmersión nas contornas virtuais…
A investigadora do CITIC Nieves Pedreira Souto atópase actualmente de estancia no KMi (Knowledge Media Institute) da Open University en Milton Keynes (UK), con financiamento do CITIC.
O CITIC participará, cunha caseta compartida xunto á Consellería de Educación, no Día da Ciencia na Rúa que terá lugar o próximo 6 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, o CITIC amosará diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos.
Aproximadamente uns 70 alumnos do 4º curso do Grao en Enxeñería Informática da UDC visitaron parte das instalacións do CITIC os pasados días 17, 19 e 24 de abril.
Os estudantes, que cursan as materias de “Contornos Inmersivos, interactivos e de entretemento” e de “Computación gráfica e visualización” puideron coñecer as posibilidades e experimentar o uso dos laboratorios de realidade virtual, realidade aumentada, sistema de captura de movemento e sistema captivo de movemento do CITIC.
Durante os meses de marzo e abril, a investigadora Thais Pousada estivo a impartir varias charlas para estudantes da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
En concreto, os seus talleres versaron sobre a importancia dos produtos e tecnoloxías de apoio para a vida independente das persoas con diversidade funcional e sobre o deseño e impresión 3D de algúns destos produtos.
O Centro de Investigación en TIC, CITIC, acolleu esta mañá a presentación online do equipo IT do grupo MASMOVIL, unha acción organizada no marco da Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo. O director do CITIC, Manuel Penedo, presentou a iniciativa e deu paso a Ravin Dhalani e Mikel Fernández, membros do equipo de IT do grupo MASMOVIL. Ambos presentaron ao alumnado o departamento de desenvolvemento de software da compañía e afondaron nas posibilidades que existen de formar parte do seu equipo.
A investigadora Thais Pousada participou recentemente no Congreso da Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (WFOT), un evento de gran relevancia que reúne á comunidade internacional de terapeutas ocupacionais. Este ano celebrouse entre os días 28 e 31 de agosto en París.