O CITIC acolle a formación de mentoras do programa Inspira STEAM A Coruña

Este mércores 2 de febreiro o CITIC acolleu a xornada formativa dirixida a mentoras e mentores do programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022. Esta formación diríxese a profesionais do ámbito académico, investigador e empresarial e foi impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador e consultor especializado en desenvolvemento organizacional e de persoas. O nodo Inspira STEAM A Coruña está coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón.

O CITIC acolle unha formación sobre o selo de excelencia en Recursos Humanos en Investigación HRS4R

O CITIC realizará unha sesión formativa sobre o selo de excelencia en Recursos Humanos en Investigación HRS4R, impartido pola técnica da OTRI da UDC Sonia Carné. A sesión está dirixida a toda a comunidade do CITIC e terá lugar o vindeiro martes 25 de xaneiro ás 11:00 h no centro; tamén poderá seguirse de forma telemática a través de Teams.

O CITIC colabora na posta en marcha da primeira Escola Latinoamericana de Gaia

Do 7 ao 11 de febreiro terá lugar en formato híbrido a primeira Escola Latinoamericana de Gaia, organizada pola Universidade de Antioquía, en colaboración co CITIC, entre outras institucións.
O obxectivo é ofrecer a estudantes de universidades latinoamericanas os coñecementos básicos das ferramentas necesarias para facer uso científico dos datos da misión GAIA da Axencia Espacial Europea, na que participa o CITIC.