José Luis Calvo Rolle ofrece unha charla nas Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental

O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle impartirá o vindeiro xoves 28 de outubro a charla “Técnicas intelixentes para a optimización e a mellora da eficiencia dunha vivenda bioclimática”, dentro das Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental, organizadas desde a Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e que terán lugar na Escola de Enxeñería de Bilbao.

Susana Ladra imparte unha charla a alumnos do IES Miraflores de Oleiros de STEMbach

A directora do Campus Innova e investigadora do CITIC Susana Ladra impartiu o pasado martes 26 de outubro unha charla a alumnos do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, do IES Miraflores de Oleiros. Susana Ladra achegou aos estudantes a súa experiencia como investigadora e docente no ámbito das TIC e as liñas de investigación nas que traballa actualmente.

As investigadoras Susana Ladra e Verónica Bolón protagonizan o documental “Marxe de erro”, que visibiliza o papel das mulleres en enxeñaría

As investigadoras do CITIC Susana Ladra González e Verónica Bolón Canedo protagonizan xunto coas enxeñeiras Susana Gómez Carnero, Berta Candendo e Silvia Piñeiro Fernández o documental “Marxe de erro”, realizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).

O CITIC participa na G-NIGHT con actividades divulgativas

O vindeiro venres 24 de setembro terá lugar a G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en toda Europa, dentro da Noite Europea das Persoas Investigadoras. En Galicia a actividade está coordinada pola Universidade de Vigo, coa implicación das tres universidades galegas e diferentes centros e institutos tecnolóxicos e de investigación.

A Xunta incorporará en bacharelato a materia “Iniciación á IA” baseada no proxecto AI+ que coordina a UDC

O próximo curso escolar ofertarase nos centros de educación secundaria de Galicia a Intelixencia Artificial no currículo educativo, así o recolle o Diario Oficial de Galicia do 12 de xullo que incorpora a materia “Iniciación á Intelixencia Artificial” como optativa para o curso de 1º de bacharelato.