A Asociación Grupo de Mayores de Telefónica de A Coruña visita o CITIC

O CITIC recibiu esta mañá un grupo de 20 membros da Asociación Grupo de Mayores de Telefónica da Coruña. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, os asistentes puideron coñecer algúns exemplos de proxectos do ámbito da robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAO, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.

Intelixencia artificial verde, por un desenvolvemento tecnolóxico sostible

A investigadora do CITIC, Verónica Bolón, lidera desde a UDC o estudo sobre os denominados algoritmos verdes, no marco do recente plan nacional aprobado polo Goberno a finais do pasado ano e que desenvolverá, ata o 2025, solucións TIC aos desafíos ecolóxicos baseadas en intelixencia artificial (IA). O proxecto de investigación dá resposta ademais a un dos obxectivos da futura AESIA sobre o uso responsable co medio ambiente da IA.

Investigadoras do CITIC participarán nas charlas “Directo 11F: Conecta con enxeñeiras informáticas” no MUNCYT

As investigadoras do CITIC Ana López Cheda, Verónica Bolón Canedo e Adriana Dapena Janeiro participarán este venres 10 de febreiro, de 10:20 h a 13:10 h, na iniciativa “Directo 11F: Conecta con enxeñeiras informáticas” con tres charlas en formato en liña, organizadas polo MUNCYT da Coruña e a Facultade de Informática da UDC.

O CITIC acollerá a conferencia “Artificial Intelligence in Education”, impartida pola profesora da Old Dominion University Helen Crompton

O próximo 22 de febreiro ás 17:00 horas a sala Cloud do CITIC acollerá a conferencia “Artificial Intelligence in Education” que estará impartida pola profesora da Old Dominion University Helen Crompton. A conferencia abordará as consideracións sobre o uso da IA na educación (AIEd).