Carlos Gómez participou na mesa redonda “A intelixencia artificial como oportunidade para Galicia”, no marco do II Foro Económico Español en Galicia

O investigador do CITIC Carlos Gómez participou o pasado xoves na mesa redonda “A intelixencia artificial como oportunidade para Galicia”, no marco do II Foro Económico Español en Galicia que organizou El Español, Quincemil e Treintayseis os días 12 e 13 de abril en Palexco da Coruña.

Estudantes de toda España enfróntanse a 21 retos de ciberseguridade na segunda edición da CITIC Cyber Competition

Máis dun cento estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster de centros educativos de España, organizados en 32 equipos, participaron na tarde do mércores 29 de marzo na segunda edición da CITIC Cyber Competition, unha competición no ámbito da seguridade informática organizada polo Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo.

‘Oportunidades laborais no CERN para pre e pos graduados’, temática dunha edición especial dos Almorzos TIC Talk

Este luns, 27 de marzo, ás 10:00 horas, a sala Cloud do CITIC acolleu unha edición especial dos Almorzos TIC Talk, moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC Álvaro Leitao. Nesta ocasión contamos coa participación dun invitado de excepción, trátase de Jesús Fernández Cortés, antigo alumno da escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol que actualmente traballa na cidade suiza de Xenebra no Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).

O CITIC participa na II Feira de Orientación Académica e Profesional de Oleiros

O pasado venres, 17 de marzo, o CITIC participou na II Feira de Orientación Académica e Profesional, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración con diferentes centros educativos e que tivo lugar Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. No evento participaron máis dunha trintena de entidades coa finalidade de orientar académica e profesionalmente a alumnado dos últimos cursos de ensino secundario.

Helen Crompton fala no CITIC do papel da intelixencia artificial na educación

A profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University (ODU) de Norfolk (Virginia), impartiu recentemente unha conferencia na que analizou o papel da IA na Educación. Helen Crompton, directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab da ODU, centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual.

Alumnado do Grao de Intelixencia Artificial da UDC coñece o CITIC

Esta mañá visitaron o CITIC un grupo de 30 alumnos e alumnas de primeiro curso do Grao en Intelixencia Artificial da UDC, acompañados pola súa profesora e membro do Comité de Dirección do CITIC Adriana Dapena.

O alumnado foi recibido polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación.

O CITIC e ASPACE Coruña implican a institutos de toda Galicia para mellorar o día a día das persoas con parálise cerebral a través da tecnoloxía

O alumnado do Colexio de Carmelitas de Ourense, que participa nesta terceira edición do proxecto, coñeceu esta mañá da man das persoas usuarias de ASPACE Coruña as barreiras ás que se enfrontan día a día as persoas con parálise cerebral e tamén como poden contribuír a través da tecnoloxía a mellorar a súa calidade de vida solucionando os retos planeados.