O CITIC participa nunha xornada sobre desenvolvemento sostible organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia

O CITIC participará o vindeiro mércores 10 de marzo na xornada “Sustentabilidade: Tecnoloxía e innovación ao servizo dun desenvolvemento sostible”, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración co Igape e Abanca e patrocinado por Oesía. O acto está enmarcado no ciclo de encontros empresariais “Pensando no futuro”.

Torusware forma parte dun proxecto que investiga sobre a incorporación de material reciclado á industria 4.0 circular

Torusware, startup creada por un equipo de investigadores do CITIC, forma parte do consorcio galego que investiga unha técnica de análise para incorporar material reciclado á industria 4.0 circular. O proxecto denominado TACTICS (Novas Técnicas de Control para a Transición Industrial cara a unha Economía Circular Segura) foi posto en marcha xunto con outras dúas empresas galegas, AMSLab e Sigillum.

Amparo Alonso participa no Congreso Global Virtual Educa Lisboa

A investigadora do CITIC Amparo Alonso participará co seu relatorio “Educación e Intelixencia Artificial” no Congreso Global: Ecosistemas educativos para a era dixital, organizado por Virtual Educa Lisboa. O evento, que se celebra entre o 3 e o 5 de marzo en modalidade online, contará coa presenza de destacados expertos e abordará cuestións relacionadas coas tecnoloxías, modelos de aprendizaxe ou o desenvolvemento profesional docente.

O subdirector Javier Pereira imparte un curso de introdución a REDCap

O subdirector do CITIC, Javier Pereira, impartiu o pasado venres 26 de febreiro un curso online de introdución a REDCap. O curso consta de dúas partes: a primeira, unha sesión síncrona online a través da plataforma Teams; e, a segunda, unha sesión de teleformación asíncrona a través de contidos virtuais que se poderán ir traballando ao ritmo de cada participante ata o próximo 13 de marzo.